Inicio » Todas los catálogos » Ciclos Formativos » Administración » Empresa e Administración

Portada del libro Empresa e Administración

Empresa e Administración

  • Libro en papel

  • 25921,00

  • ¡ENVIO GRATIS!

  • En stock
  • -


  • Unidad(es)
  • Comprar

  • Caracteristicas

    • Sistema educativo: LOE
    • Impresión: Color
    • Páginas: 244
    • Formato: 21 x 27 cm
    • Edición: 2016
    • Peso: 0,66 kg.
    • Editorial: Paraninfo
    • Empresa e Administración

    • 9788428338288
    • XOSE LUIS CABARCOS BERMUDEZ

    • Este libro desenvolve os contidos do módulo profesional de Empresa e Administración, do Ciclo Formativo de grao medio de Xestión Administrativa, pertencente á familia profesional de Administración e Xestión. Os contidos tratados correspóndense cos establecidos no currículo oficial vixente na Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 191/2010, do 28 de outubro.


      Empresa e Administración ofrece información sobre emprendemento e innovación, destacando o valor da innovación na actividade empresarial, e incluíndo a definición legal de persoa emprendedora e as características dos emprendedores. Tamén trata sobre o risco, como elemento asociado ao emprendemento e a innovación; sobre a oportunidade que para as empresas supón a súa internacionalización; e sobre as axudas e ferramentas existentes para emprender e innovar.


      Por outro lado, abórdase o concepto de empresa e empresario, coas formas xurídicas que máis frecuentemente se adoptan para o desenvolvemento da actividade empresarial, e mais os trámites que cómpre efectuar para constituír e poñer en marcha a empresa. Tamén se analizan a configuración do sistema tributario español e as principais obrigas fiscais da empresa.


      Por último, tras facerse referencia á separación dos poderes do Estado e as fontes do ordenamento xurídico, trátase sobre o réxime xurídico do sector público e a regulación que afecta ao persoal ao seu servizo. Ademais, analízase a actuación da Administración nas súas relacións cos cidadáns, abordando o concepto de acto administrativo e as fases do procedemento, así como as posibilidades de revisión das resolucións administrativas.


      Así mesmo, cada unidade inclúe variadas actividades propostas e gran cantidade de cadros de información adicional con exemplos reais e un práctico mapa conceptual que facilita o repaso. Para rematar, ao concluír cada unidade, ofrécense actividades finais de comprobación tipo test, de aplicación, e de ampliación.

       

       

      O autor, diplomado en Ciencias Empresariais e en Relacións Laborais, e graduado en Dereito, é funcionario de carreira en activo no corpo de profesores de ensino secundario, e do corpo de profesores técnicos de formación profesional. Conta con máis de 15 anos de experiencia profesional na docencia de Ciclos Formativos de grao medio e superior da familia de Administración e Xestión. Ademais, a súa formación foise complementando con diversos cursos de actualización e a realización do máster en Práctica da Avogacía.

    • $25921,00

    • ¡ENVIO GRATIS!

    • En stock
    • -


    • Unidad(es)
    • Comprar
    • eBooks disponibles

    1. Emprendemento e innovación; 2. Empresa e empresario; 3. O sistema tributario; 4. Obrigas fiscais da empresa; 5. As administracións públicas; 6. Actuación das administracións públicas e control dos seus actos; 7. Xestións ante as administracións públicas para a obtención de información e a presentación de documentos.

    El libro pertenece a los siguientes catálogos

    Sala de prensa